# aRitmar

> aRitmar (iPhone/iPad app by Galvintec Tecnológica, S.L..)

- Source: https://appshunter.io/ios/app/aritmar/id1456362002 (this page in markdown: same URL + `.md`)
- Developer: [Galvintec Tecnológica, S.L.](https://appshunter.io/developer/1224100590)
- Category: Education
- Price: Free
- Age rating: 4+
- Requires: iOS 10.0 · 31 MB
- Languages: English
- Released: 2019-04-12
- Data updated: 2026-05-19
- User reviews in markdown: https://appshunter.io/ios/app/aritmar/id1456362002/reviews.md

## What is aRitmar?

aRi[t]mar Galiza e Portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente á Consellería de Educación, Universidade e FP da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. 

 Coa organización do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués do centro, ao longo do ano lectivo traballamos de forma didáctica os textos e as músicas co noso alumnado e, posteriormente, escóllense mediante votación online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior. 

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, Mellor poema galego, mellor poema portugués 

Como colofón, en outubro celébrase unha Gala de premios con actuacións e intervencións das e dos galardoados, en Santiago de Compostela, que conta co patrocinio das secretarias xerais de Cultura e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial da Coruña, do Concello de Santiago, do Instituto Camões e do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

 Ao constatarmos que esta iniciativa está a ter moi boa acollida entre o noso alumnado e profesorado, mais tamén entre o público en xeral, quer de Portugal quer da Galiza, e está a contribuír para os nosos estudantes aprenderen galego e portugués coa motivación engadida de traballaren tamén coa música e a poesía e a rima e o ritmo, decidimos partillármolo e dirixírmonos a outros centros de ensino, en que, ademais de galego, se ensinar (en) portugués, ou onde a música e/ou literatura sexan un elemento central da oferta académica.

Así pois, alén das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, ​tamén ​participan e colaboran neste proxecto as da Facultade de Filolo​xi​a da Universidade de Santiago de Compostela,​ Conservat​o​rio Profe​sional de Música de Santiago de Compostela, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugu​ê​s de Vigo-Instituto Camões, e os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (Vigo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), e o Instituto de Ensino Secundario de Cacheiras (Teo).  Para alén, logo de asinaren un protocolo de colaboración a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a Compañía da Radio e a Televisión de Galicia (CRTVG), esta última difunde a través dos seus medios os contidos audiovisuais do certame, con especial destaque para os temas musicais finalistas e gañadores correspondentes a Galiza e a Portugal.


## Version history (last 1 release)

### 1.2 — 2020-02-18

Votación de músicas 2020

## Apps similar to aRitmar

| App | Rating | Price | Category |
| --- | --- | --- | --- |
| [Solis USA States and Capitals](https://appshunter.io/ios/app/solis-usa-states-and-capitals/id1479512480) | — | Free | Education |
| [Demon Connect](https://appshunter.io/ios/app/demon-connect/id1477666400) | 4.5 (61) | Free | Education |
| [КъэбарышӀур](https://appshunter.io/ios/app/id1479561360) | — | Free | Education |
| [The New School App](https://appshunter.io/ios/app/the-new-school-app/id1474388180) | 5.0 (3) | Free | Education |
| [Assembly of Praise](https://appshunter.io/ios/app/assembly-of-praise/id1474179440) | 5.0 (2) | Free | Education |
| [生物记](https://appshunter.io/ios/app/id1468297340) | — | Free | Education |

## More apps by Galvintec Tecnológica, S.L.

- [Toroshopping](https://appshunter.io/ios/app/toroshopping/id1466195628)
- [Wapalli](https://appshunter.io/ios/app/wapalli/id1495660939)
- [Abiti](https://appshunter.io/ios/app/abiti/id1497685458)
- [Support81](https://appshunter.io/ios/app/support81/id1499462087)
- [Momo Archery](https://appshunter.io/ios/app/momo-archery/id1517770397)

All apps by Galvintec Tecnológica, S.L.: https://appshunter.io/developer/1224100590

---

*Data collected daily from the US App Store and indexed by [AppsHunter](https://appshunter.io/). User reviews are verbatim App Store reviews. Ratings, prices and chart positions refresh continuously; this snapshot is from 2026-05-19.*
